Coñece Covelo
Achégate a Covelo a través das súas parroquias. Coñéceas todas e descubre todo o que teñen que ofrecer.
Santa Mariña de Covelo    |    Paraños    |    Covelo    |    Casteláns    |    Maceira    |    Prado    |    A Lamosa
Barcia de Mera    |    Campo    |    Prado de Canda    |    Piñeiro    |    Godóns    |    Fofe    |    A Graña


Paraños - Ver fotos

fotografia Está situada a ámbolos dous lados da Nacional -120 e nela atópase o acceso á autovía Rías Baixas . Tamén se atopa o acceso principal por estrada ao resto do municipio.

Podemos atopar diversas manifestacións do patrimonio artístico e etnográfico: O cruceiro, petos de ánimas , un pombal circular, a igrexa do século XVIII, diversos hórreos realizados integramente en pedra e restos de útiles e lugares usados polos cereiros , son algunhas delas.

Recentemente foi rehabilitada unha antiga casa de labranza para construír a casa de cultura onde se realizan diversas actividades ao longo do ano e funcionando ademais como axencia de lectura. Para a práctica deportiva disponse dun campo de fútbol e unha pista de usos múltiples.

Os seus barrios e lugares son: Os Condes, Cotarel , Ás Laxas, A Margarida , Ás Medelas , Moeiros , Picoto , Portocortiñas , O Quinteiro , O Roupeiro .
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade