titulo peto animas

Peto de tipo aberto que mostra pegado un enorme e artístico cruceiro que ten tódalas sinais de ser o que inspirou ó escultor Cerviño O Santo Cristo dos Aflixidos de Covelo , pois mostra moitísimas con as deste, coa particularidade que o de Margarida é máis antigo.
O tope da cruz vai coroado por unha pomba. Á fronte, Cristo cravado, cunha cabeza case recta e un frade, San Francisco , que se achega a el cun cáliz. O fuste da columna, alto, esvelto, é octogonal e vai minguando de perímetro a medida que se levanta. O capitel mostra por cada lado unha cabeza dun anxo, pero debaixo dos pés de San Salvador ten unha caveira. Cruz cilíndrica da que colga un Cristo baixo o " INRI ".
Polo reverso da cruz hai unha virxe, de pé, na que dous anxos sosteñen unha coroa. A metade do pao, obsérvanse dúas santas en oposición, unha delas coa palma do martelo.


Este cruceiro aparece datado no ano 1794, isto é 105 anos antes de que Cerviño fixese o de Covelo, atopando na distribución artística dos elementos e na simboloxía desta obra os mesmos compoñentes que despois utilizaría o canteiro de Cotobade no monumental cruceiro realizado en 1899 na praza do Concello .
O retablo aparece colocado ó pé do varal, sobre un cubo no que se apoia, e pola parte de atrás. É de pedra e sen cores. Nel aparecen Santo Antonio que ata o seu hábito cun cordón do que valen dous ánimas para conseguir liberarse das lápidas do Purgatorio. Nun plano inferior hai tres ánimas máis nas que se percibe claramente o seu estado eclesiástico, pois ben, polo corte especial do pelo ou polos gorros que levan, mirase que se trata dun frade, un bispo e un cura.
O ano de construcción aparece por diante, 1794. Mostra certo culto porque o caixón das limosnas aínda funciona.
Un peto cun cruceiro non é, sen dúbida, unha grande orixinalidade. Non obstante este tena por estar no peto de ánimas pola parte traseira do cruceiro . A situación normal é ao contrario: o peto sempre por diante.

Fonte: libro Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia de
Estanislao Fernández de la Cigoña .
(Editorial AGCE . Ano 1997.ISBN
84-87904-10-6)