O agora termo municipal de Covelo, nos tempos do antigo réxime, pertencía á provincia de Tui , unha das sete históricas do reino de Galicia.
Promulgado o Decreto de Cortes de 27 de xaneiro de 1822 pasa a formar parte da nova provincia de Vigo, quedando definitivamente integrada na provincia de Pontevedra, segundo Real Decreto do 30 de novembro de 1833.
O territorio que agora constitúe o termo municipal de Covelo estaba dividido entre as xurisdiccións de Achas, Covelo e Sobroso, que dependían dos Señoríos do Conde de Salvatierra e do Conde de Amarante.
Pola súa estructura orográfica composta de profundos vales, elevados montes e cruzado dos ríos, e tendo en conta as feiras e mercados existentes, ademais das condicións xeográficas e poboacionais, o Goberno Civil outórgalle a titularidades de Concello o 23 de Xullo de 1835, formado en principio por seis parroquias e posteriormente polas catorce actuais, cunha poboación de 4.350 habitantes.
Como nota anecdótica, salientar que os antigos procuradores de Covelo gozaban do privilexio de non descubrir a cabeza durante as sesións xudiciais.Este privilexio foi confirmado pola Audiencia de Galicia, a cal dispuxo que unicamente permanecerían descubertos o presidente, o secretario e un escriban. Nos arquivos hai testemuño da importancia histórica deste municipio, que foi un dos máis fortes e prestixiosos de antano.
O Concello de Covelo forma parte da bisbarra de A Paradanta xunto cos municipios de Crecente, Arbo e A Cañiza
As súas parroquias dependen eclesiasticamente da diocese de Tui-Vigo.