O proceso de doazón das fotografías poderase facer de forma persoal nas oficinas do Concello, na Biblioteca Municipal ou a través da paxina web do concello na sección "Participación", axuntando identificación e datos de contacto da persoa, texto referido á fotografía (respondendo ás seguintes preguntas: Que representa a fotografía? Quen a fixo? En que data ou periodo histórico? Quen a posue na actualidade? Outros datos que se consideren relevantes) e copia da mesma.
Anímase a tódalas persoas interesadas en participar na elaboración de dito arquivo a que aporten todas aquelas fotos históricas que consideren representativas da nosa colectividade como pobo, nos lugares mencionados ou ben neste enlace.
Cruceiro do Santísimo Cristo dos Aflixidos.
Autor cruceiro: Mestre Cerviño
Autor fotografía: descoñecido.
Año: 1899
Localización: Praza do Mestre Cerviño. COVELO
Cortesía familia Travadela Sampedro
Praza do Mestre Cerviño.
Autor fotografía: descoñecido.
Ano: años setenta.
Localización: Praza do Mestre Cerviño. COVELO
Construcción da ponte sobre o río Tea en Maceira.
Autor fotografía: descoñecido.
Ano: Aprox. 1930
Localización: Actual praia fluvial de Maceira. MACEIRA
Cortesía da familia Bouza.
Retrato no Cruceiro da banda de música Celta de Antas.
Autor da fotografía: Descoñecido.
Publicada en: A Pedreira. Revista Cultural do Concello de A Lama. Ano 2006.
Ano: Décadas 20/30 do século pasado.
Localización: Praza do Mestre Cerviño. Covelo.
Cortesía de Casa Museo Pazo da Cruz, onde pode ver a publicación e outras da mesma colección.