Protección de datos
 
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS


1. INFORMACIÓN XERAL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS.

A protección das persoas físicas en relación co tratamento dos seus datos persoais constitúe un dereito fundamental recoñecido no artigo 18.4 da Constitución española e regulado, fundamentalmente, polo Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e pola restante normativa aplicable.

O Concello de Covelo, no exercicio das súas competencias e na prestación dos servizos públicos que ten encomendados, realiza diferentes tratamentos de datos persoais.

O tratamento dos datos persoais realizarase de acordo cos principios e obrigas establecidos na normativa aplicable en materia de protección de datos, adoptando as medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco.

Responsable do tratamento

O responsable dos tratamentos realizados polo Concello de Covelo é:

Concello de Covelo
Praza do Mestre Cerviño, 2
36872 Covelo (Pontevedra)
NIF: P3601300A
Teléfono: 986 650 027 / 986 650 047
Correo electrónico: rexistro.covelo@fegamp.gal

A información específica relativa a cada tratamento, incluíndo a súa finalidade, base xurídica, categorías de datos persoais e persoas interesadas, destinatarios, prazos de conservación e demais información prevista pola normativa, poderá consultarse no Rexistro de Actividades de Tratamento publicado neste portal.

Finalidade e base xurídica dos tratamentos

O Concello de Covelo tratará os datos persoais necesarios para o exercicio das súas competencias e para a prestación dos servizos públicos que lle corresponden.

As finalidades concretas e as bases xurídicas aplicables a cada tratamento serán as que se indiquen no correspondente Rexistro de Actividades de Tratamento e, cando proceda, nas cláusulas informativas específicas dos formularios e procedementos de recollida de datos.

Con carácter xeral, os tratamentos realizados no exercicio das competencias municipais poderán estar amparados, segundo corresponda, no cumprimento dunha obriga legal, no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao Concello, así como noutras bases xurídicas previstas no artigo 6 do Regulamento xeral de protección de datos.

O consentimento só constituirá a base xurídica do tratamento cando así corresponda de acordo coa normativa aplicable.

Conservación dos datos

Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que foron recollidos e, posteriormente, durante os prazos establecidos pola normativa aplicable, incluída, cando corresponda, a normativa en materia de arquivo e patrimonio documental, prescrición de responsabilidades e demais obrigas legais de conservación.

Os prazos concretos de conservación poderán consultarse no correspondente Rexistro de Actividades de Tratamento.

Comunicación dos datos

Os datos persoais poderán ser comunicados ou postos á disposición doutras administracións públicas, órganos ou entidades cando así estea previsto pola normativa aplicable ou resulte necesario para o exercicio das competencias públicas e a prestación dos servizos correspondentes.

Así mesmo, poderán producirse comunicacións ou accesos por parte de persoas ou entidades encargadas do tratamento cando sexa necesario para a prestación de determinados servizos ao Concello, de conformidade co establecido no artigo 28 do Regulamento xeral de protección de datos.

En determinados tratamentos poderá existir publicidade dos datos cando esta sexa necesaria para cumprir as obrigas legais de publicidade, transparencia ou publicación dos actos administrativos.

As comunicacións ou destinatarios concretos serán os que correspondan a cada actividade de tratamento e figurarán, cando proceda, no Rexistro de Actividades de Tratamento ou na información específica facilitada no momento da recollida dos datos.

Exercizo dos dereitos

As persoas interesadas poderán exercer, nos termos establecidos na normativa aplicable, os dereitos de:

  • Acceso aos seus datos persoais;
  • Rectificación dos datos inexactos;
  • Supresión dos datos cando proceda;
  • Limitación do tratamento;
  • Oposición ao tratamento;
  • Portabilidade dos datos, cando resulte aplicable;
  • Non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, nos termos legalmente establecidos.

A información sobre o exercicio destes dereitos, os medios habilitados e o procedemento aplicable está dispoñible no apartado específico «Exercicio de dereitos en materia de protección de datos persoais».

As persoas interesadas tamén poderán dirixirse ao Delegado ou Delegada de Protección de Datos do Concello de Covelo.

Autoridade de control

Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou xudicial, as persoas interesadas teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) cando consideren que o tratamento dos seus datos persoais infrinxe a normativa aplicable.


2. EXERCICIO DE DEREITOS EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS.

As persoas interesadas poden exercer ante o Concello de Covelo os dereitos recoñecidos nos artigos 15 a 22 do Regulamento xeral de protección de datos, nos termos establecidos na normativa aplicable.

Dereito de acceso

Permite coñecer se o Concello está tratando ou non datos persoais da persoa interesada e, no seu caso, obter información sobre os datos tratados e sobre os demais aspectos previstos no artigo 15 do Regulamento xeral de protección de datos.

Dereito de rectificación

Permite solicitar a corrección dos datos persoais que sexan inexactos ou completar aqueles que resulten incompletos.

Dereito de supresión

Permite solicitar a eliminación dos datos persoais cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 17 do Regulamento xeral de protección de datos.

Este dereito non terá carácter absoluto e poderá quedar limitado cando o tratamento sexa necesario para o cumprimento dunha obriga legal, para o exercicio de poderes públicos ou por outras causas previstas na normativa.

Dereito á limitación do tratamento

Permite solicitar a limitación do tratamento nos supostos establecidos no artigo 18 do Regulamento xeral de protección de datos.

Dereito de oposición

Permite opoñerse ao tratamento dos datos persoais nos supostos previstos legalmente, atendendo á base xurídica e ás circunstancias concretas do tratamento.

Dereito á portabilidade

Permite, nos supostos nos que sexa aplicable, recibir os datos persoais facilitados á persoa responsable nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, así como solicitar a súa transmisión a outro responsable.

Este dereito será aplicable nos supostos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de protección de datos e, en particular, cando o tratamento se basee no consentimento ou nun contrato e se efectúe por medios automatizados.

Decisións individuais automatizadas

As persoas interesadas teñen dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, nos termos establecidos no artigo 22 do Regulamento xeral de protección de datos.

Como exercer os dereitos

As solicitudes deberán permitir identificar a persoa solicitante e indicar claramente o dereito que se pretende exercer e, cando resulte necesario, os datos ou tratamentos aos que se refire a solicitude.

Os dereitos poderán exercerse:

Por vía electrónica:

A través da sede electrónica do Concello de Covelo, mediante a presentación dunha instancia xeral: https://covelo.sedelectronica.es/

Presencialmente:

A través das oficinas de asistencia en materia de rexistros ou polos demais medios previstos na normativa de procedemento administrativo.

O Concello poderá solicitar información adicional cando sexa necesaria para confirmar a identidade da persoa solicitante, especialmente cando existan dúbidas razoables sobre a identidade da persoa física que formula a solicitude.

Prazo de resposta

O Concello facilitará información sobre as actuacións realizadas en relación coa solicitude no prazo máximo dun mes desde a súa recepción.

Este prazo poderá prorrogarse outros dous meses cando sexa necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes. Neste caso, informarase á persoa interesada da dita prórroga dentro do primeiro mes.

O exercicio dos dereitos é, con carácter xeral, gratuíto, sen prexuízo dos supostos previstos na normativa aplicable.

Reclamación ante a autoridade de control

Se a persoa interesada considera que non se atendeu adecuadamente o exercicio dos seus dereitos ou que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa aplicable, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.


3. DELEGADO/A DE PROTECCIÓN DE DATOS

O Concello de Covelo dispón dun Delegado de Protección de Datos (DPD), de conformidade co establecido no artigo 37.1.a) do Regulamento xeral de protección de datos e na normativa aplicable.

O Delegado de Protección de Datos actúa con independencia no exercicio das súas funcións e constitúe o punto de contacto do Concello para as persoas interesadas e para a autoridade de control en materia de protección de datos.

Entre as funcións do Delegado de Protección de Datos atópanse, entre outras:

  • Informar e asesorar o Concello e as persoas empregadas que realicen tratamentos de datos sobre as súas obrigas en materia de protección de datos;
  • Supervisar o cumprimento da normativa de protección de datos e das políticas do Concello nesta materia;
  • Asesorar sobre as avaliacións de impacto relativas á protección de datos e supervisar a súa aplicación;
  • Cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos;
  • Actuar como punto de contacto coa autoridade de control para as cuestións relativas ao tratamento de datos;
  • Atender as consultas das persoas interesadas relacionadas co tratamento dos seus datos e co exercicio dos seus dereitos.

As persoas interesadas poderán contactar directamente co Delegado de Protección de Datos para cuestións relacionadas co tratamento dos seus datos persoais e co exercicio dos seus dereitos.

Contacto co Delegado de Protección de Datos

[FORMULARIO OU LIGAZÓN DE CONTACTO CO DPD]

 

DE NO SER POSIBLE PONER EL EMAIL: dpd.covelo@fegamp.gal

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade