Coñece Covelo
Achégate a Covelo a través das súas parroquias. Coñéceas todas e descubre todo o que teñen que ofrecer.
Santa Mariña de Covelo    |    Paraños    |    Covelo    |    Casteláns    |    Maceira    |    Prado    |    A Lamosa
Barcia de Mera    |    Campo    |    Prado de Canda    |    Piñeiro    |    Godóns    |    Fofe    |    A Graña


Maceira - Ver fotos

fotografia É unha das parroquias máis importantes do Concello. Situada a cinco quilómetros de Covelo (casco) posúe un Centro de Saúde propio, farmacia e unha casa de cultura restaurada e funcional.

É de grande atractivo a súa praza central, a súa igrexa e o cruceiro existente próximo á igrexa. A 558 metros de altitude atópase un depósito castreño sen levantar e diversas manifestacións de arte rupestre en forma de petroglifos . Nunha cota de 680 metros atopamos a capela da Virxe da Guía, situada no monte da Guía de Maceira e onde se pode apreciar unha panorámica fermosa do Val do Tea. O 15 de agosto celébrase no mesmo lugar unha romaxe onde acoden xentes de todo o municipio.

Débese destacar a Praia Fluvial de Maceira , de fermoso deseño é moi frecuentada durante todo o verán. Nun lugar próximo á praia constrúese un Cámping de Montaña de 1ª categoría para dar cabida a unha crecente demanda de campismo de montaña que se manifesta na zona. A escasa distancia deste lugar de esparexemento, atopa a parroquia de Fofe onde vale a pena visitar a Rectoral de Fofe.

Cabe destacar tamén o serradoiro hidráulico "dos Carranos ". Funcionando exclusivamente a través da forza da auga, é unha manifestación única do patrimonio etnográfico da zona. Este serradoiro esta catalogado por Patrimonio como un Ben de Interese Cultural de Galicia e atopase completamente restaurado para que poida ser visitado.

Os seus barrios e lugares son: Ás Barcielas , Carmoniño , Castro, Castrorregueiro, Chicoreiros, Costeiriña, Cotiños, O Couso, Eidos Vellos, Figueiroa, A Igrexa, A Maquián, A Mouta, Outedo, Pancillos, Pedredo, Portagudiño, Portoparada, Riocortiñas, San Breixo, Souto, Trasfontán, Vales, Vilanova e Vixiáns.


HISTORIA
A parroquia de Maceira pertence ao municipio de Covelo, está situada na marxe sur do alto Tea. Parece (por vestixios que alí se detectan) que estivo asentada na marxe norte, no lugar denominado Ás Veigas . É presumible que o traslado se producira debido a que os terreos do norte son moi secaños. En contrapartida, a marxe sur, dispón de auga abundante procedente dos altos da meseta de Fontefría N o arquivo Parroquial (moi desvirtuado nos últimos anos) existen documentos con antigüidade duns 4 séculos; tamén existen casas aínda máis antigas, polo que se deduce que a súa actual localización data dos albores do milenio que agora finaliza. En todo caso os primeiros poboadores de Maceira pertencen á Época Prehistórica, pois existen numerosas probas de que así foi, Castros Celtas (hoxe catalogados, pero moi deteriorados), Dolmens, Petroglifos , etc. que son probas irrefutables de moi antigas culturas.

ASPECTO FÍSICO
Aínda que a parroquia administrativamente é unha soa unidade, divídese en dúas partes ben diferenciadas: Maceira de Abaixo e Maceira de Arriba , separadas por uns 2.000 metros aproximadamente, ambas as dúas partes están formadas por barrios bastante diseminados entre si.

Maceira de Abaixo ten un terreo sumamente quebrado pola proximidade e continuo desgaste do río Tea ; ten non obstante un clima bastante benigno, onde se dan ben toda clase de cultivos, cereais, legumes, tubérculos e moitas clases de froiteiros, en especial a maceira a proliferación do cal debeu dar nome á parroquia ( Maceira en galego igual a maceira). De tódolos xeitos, tódolos cultivos están moi deixados de man como consecuencia da emigración ás cidades da xente máis nova.

Maceira de Arriba , situada ao leste da primeira, é de terreo máis chairo e de clima máis fresco por estar moi aberta o norte e en posición superior en altura. Toda a Parroquia estivo densamente repoboada de todo tipo de arboredo, en especial do Carballo de País, pero nos últimos anos esta densidade forestal quedou decimada, como consecuencia dos incendios e as talas indiscriminadas. Tamén é certo que se está a tomar conciencia de recuperar o aspecto do pasado, con novos repoboacións e control sobre as talas.

ECONOMÍA
Durante séculos Maceira puido considerarse o capital comercial do Val do Tielas , composto polas cinco parroquias máis altas do Concello . Ata o decenio dos cincuenta, aquí remataban e comezaban as comunicacións. Cando os habitantes das parroquias do norte e este se querían trasladar a Pontevedra ou Vigo (e dende alí a onde fose preciso), aquí viñan a pasar a noite, para tomar o coche de liña regular do día seguinte; cando regresaban invertíase a secuencia para chegar ás súas casas, andando ou a cabalo. Isto deu lugar a unha pequena industria de hostalería, que se foi diluíndo coa apertura de novas vías de comunicación. Tamén e como consecuencia desta posición xeográfica privilexiada, foise creando na Parroquia outro tipo de industria xeralmente rexentada por traballadores autónomos, transporte, calzado, ferraxería, unha pequena central hidroeléctrica que producía enerxía para as Bisbarras do Paradanta e o Condado (aínda en servizo tras a súa restauración / remodelación) e un serradoiro artesanal que está completamente restaurado para desfrute dos visitantes.

Aquí residían profesionais liberais, Médico, Avogado... que atendían e beneficiaban a unha bisbarra cun radio de acción de máis de 15 Kms. A riqueza gandeira da Parroquia, hoxe en claro declive, foi tan importante que mesmo motivou a celebración dunha feira mensual (os días 13), onde se realizaban transaccións comerciais con todo o gando da súa bisbarra de influencia.

ASPECTO CULTURAL
Maceira foi berce dalgúns licenciados, segundo se recorda aquí naceron cinco médicos, un avogado, tres sacerdotes e varios artesáns e comerciantes de gran talante.
Sempre houbo en Maceira unha grande tendencia á creación de asociacións e facer vida comunitaria, reuníndose os veciños para realizar a maior parte dos traballos en prestacións recíprocas; compartíanse as tarefas de sementeira, recolección, regos, atención dos rabaños de gando, etc. No ano 1.905 formouse a Sociedade de Agricultores de San Salvador de Maceira, o regulamento da cal aínda se conserva. Celebrábanse ata sete festas no ano, sendo a de máis renome e devoción a que aínda se celebra en honra da Virxe da Guía o día 15 de Agosto, nunha fermosa paraxe da aba de Fontefría, romaxe que reúne a miles de devotos e que culmina en alegre comida campestre.

CARA ACTUAL
Evidentemente o grande esplendor de Maceira foi decaendo, abrigo a partir dos anos 50 como consecuencia da política do repoboación forestal indiscriminado dos montes, fonte importante da súa economía, que obrigou a súa poboación en idade laboral a buscar saídas na emigración ou desprazamento ás cidades da área de influencia onde se adquirise mellor nivel de vida.

Afortunadamente, a maioría dos que por aqueles anos tiveron que buscar o seu futuro noutras terras, están a xerar un movemento de retorno que vai recuperando e renovando a fisionomía destas fermosas terras. Isto, unido á promoción do turismo rural, axudas para formación e recuperación dos valores monumentais e culturais, máis a construcción ou adaptación de vivendas dos que retornan para gozar dunha mellor calidade de vida, están a proporcionar á Parroquia un rexurdir moi necesario.

Cara ó Turismo Rural está a traballar, en colaboración co Concello e demais organismos involucrados, na mellora de estructuras. Disponse dun Cámping de primeira categoría, anexo á praia fluvial, con capacidade para 50 prazas, que unido a outros proxectos (rutas de sendeirismo, Club Hípico e demais), están a fomentar rexurdir da parroquia a pasados esplendores.

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade