O concello de Covelo ofrece un conxunto de lugares para visitar diferentes e particulares.
Podemos dividilos en varias categorías:
Lugares de baño con encanto único como a praia de Maceira, a praia de Barciademera, a piscina municipal de Covelo, e outros mais reconditos e exclusivos que có obxecto de preservalos no seu estado salvaxe non recolleremos aquí deixando a súa descuberta ó esforzo ou a casualidade.
Patrimonio histórico: Covelo é o concello da zona con máis patrimonio histórico, as súas 14 parroquias contan cun grande número de monumentos: cruceiro de Covelo, o conxunto abacial de Barcia de Mera, a ermida de San Xoán do Mosteiro, son os máis emblemáticos, xunto cos xa mencionados no apartado de patrimonio histórico.
Serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para mover as máquinas. Construído en 1922 consta de catro edificacións: o serradoiro, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén. Conta ademais cun centro de interpretación das serras e o val. Mais información aquí.
Favum, o lugar da cera. O Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños. Durante siglos os cereiros de Covelo elaboraron velas, exvotos e bloques de cera amarela e branca, que os llevou a unha especialización ainda visible hoxe no numeroso legado etnográfico relacionado coa ceraría. O Favum é un exemplo representativo que pode vostede visitar.
Rutas de sendeirismo: Covelo é o sitio ideal para rutas, miradoiros naturais de situación extraordinaria, prados verdes, bosques autótonos, fervenzas, regatos; paraxes naturais de bondadosa beleza... estas características particulares convérteno nun lugar ideal para todo o que signifique práctica de turismo verde. O Concello de Covelo conta coas seguintes rutas: Ruta dos Carranos, Ruta Poza de Piñeiro, Ruta do Xabriña, Ruta Covelo Natura AQA, Ruta Pedra do Lobo, Ruta Alén e Ruta do Foxo. Pode atopar toda a información necesaria para recorrer estos sendeiros nos enlaces seguintes e mais completa nas audioguías que se poñen a sua disposición na sección: Audioguias Rutas MP3 ou tamén nesta sección.
Rutas de BTT (Mountain Bike): Duas rutas propostas a través dunha aplicación para dispositivos móbiles que lle permitirán recorrer a Serra do Suído e o Val de Tielas, así como as paraxes de Fontefría. Pode encontrar toda a información en este enlace.
Para os amantes da naturaleza as serras do Faro e Suído, os ríos Alén e Tea, os seus afluentes e as súas fragas, son os valores que máis poden satisfacerlles.
Dispón de diversas posibilidades de aloxamento entre as que podemos resaltar o Camping de Maceira de recente apertura, a
tradicional Casa Costa e a Rectoral de Fofe, exemplo de casa rural, que se levanta sobre as ruínas da orixinal casa do cura, construída no século XVII. A torre e o muro de cierre do patio construíronse segundo a inscrición que figura no paramento exterior da torre, no ano 1830.
Casa Museo Pazo da Cruz este conxunto atópase na Hermida e constitue un dos mellores exemplos da arquitectura tradicional da comarca e é un expoñente da Casa Grande (casa solariega) galega do século XVII que conserva todos os elementos propios desa época: Portón de entrada con cruz e pináculos, patio empedrado con fonte (auga no interior, privilexio do clero e a nobleza, en outra época) vivenda principal, vivenda dos caseiros, escaleiras de pedra, cociña antiga con forno de pedra, “lareira”, “Alacenas” chan e paredes de pedra, habitacións con chans e divisións de madeira, cuadras, cobertizos, hórreo ...Para mais información: http://www.casamuseopazodacruz.com
Casa Museo Leónides nome que toma da familia propietaria desta vivenda tradicional en A Graña Covelo. O actual museo foi na súa orixe a casa familiar dos Leónides e agora foi cedida pola familia. A vivenda pretende reflectir coa máxima fidelidade como vivían os habitantes da Graña ós que se lle atribúe unha orixe xudea-conversa. A Casa é semellante ás tradicionais pallozas galegas e ten máis de trescentos anos de antigüidade. É a única que se conserva na actualidade nesta parroquia covelense.
http://www.fernandezsendin.com