Coñece Covelo
Achégate a Covelo a través das súas parroquias. Coñéceas todas e descubre todo o que teñen que ofrecer.
Santa Mariña de Covelo    |    Paraños    |    Covelo    |    Casteláns    |    Maceira    |    Prado    |    A Lamosa
Barcia de Mera    |    Campo    |    Prado de Canda    |    Piñeiro    |    Godóns    |    Fofe    |    A Graña


Santa Mariña de Covelo - Ver fotos

fotografiaEsta parroquia atópase entre a capital municipal e a parroquia de Paraños . Como puntos de interese atópanse, entre outros, a capela de Baldomar , o cruceiro de Santa Mariña , a igrexa e a Casa Rectoral , que está sendo rehabilitada polo Concello para a creación de instalacións públicas a través da Escola Obradoiro COVELONATURA SOSTIBLE.

Paga a pena a visita á capela de Santa Cruz de Valdomar e o seu recen restaurado baldaquino barroco como mostra única da imaxinería popular relixiosa.


Os seus barrios e lugares son: Baldomar, As Barreiras, O Barreiro, Cacharrizo, Cima de Vila, O Coto do Lazo, O Mangón, As Óseas, Outeiro, Pazos Piñoi, Santa Cruz, O Souto, O Toumillo.
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade