Obradoiro de emprego
O concello de Covelo promoveu ata a data, unha Escola taller e dous Talleres de Emprego.
A Escola Taller desenvolvemento a súa actividade dende xuño de 1998 ata decembro de 1999, con 30 alumnos repartidos en dous módulos de Canteiría e Albanelería. O primeiro Taller de Emprego, denominado "veo Natura " inicio á súa actividade en xuño de 2003, rematándoa un ano máis tarde, no participaron 30 alumnos-traballadores nas especialidades de Albanelería, Carpintería e Fontanaría - Electricidade.

Un Ano despois, en xuño de 2005 inicia un segundo proxecto, concibido como unha continuidade do anterior e denominado "Covelo Natura Sostible " no que participan outros 30 alumnos-traballadores, cunha pequena variación nas especialidades formativas motivada polas necesidades de execución da obra de Rehabilitación da Casa Rectoral de Sta. Mariña , iniciada co proxecto da Escola Taller, e son os de: Construcción, Carpintaría e Xardinaría - Viveirismo .


1. situación de partida


A idea de poñer en marcha estes proxectos de emprego xorde a partir das estatísticas que presentan neste Concello cunha alta porcentaxe de persoas desempregadas, maiores de 25 anos e cun baixo nivel de estudios (inferior a niveis provinciais e autonómicos). Esta situación fixo pensar que unha acción formativa das características dun Taller de Emprego contribuiría a elevala formación destas persoas, facilitándolles polo tanto o acceso ó mercado de traballo dado que hoxe en día, fai necesaria man de obra cualificada nestes oficios.

Co obxectivo de proporcionar ós asistentes unha ampla cualificación, que lles facilitase a incorporación no mercado laboral con maiores garantías de atopar un posto de traballo, impártense clases de informática, charlas formativas sobre seguridade e saúde laboral e as propias clases de orientación para o emprego, asociadas a visitas formativas co obxectivo de ampliar a súa visión do mercado laboral.


2. piso canastro


A metodoloxía seguida é activa, favorecendo tanto o traballo individual como en grupos cooperativos, e propiciando aprendizaxes significativas, ó utilizar a práctica real como un medio de aprendizaxe.
No intento de mellorar as posibilidades de inserción laboral dos participantes deste Taller de Emprego difúndese o seu traballo nos medios de comunicación e a través de contactos directos con empresas do sector.

Os traballos de Rehabilitación da Casa Rectoral de Santa Mariña teñen un dobre obxectivo: a recuperación do noso patrimonio histórico para o uso e desfrute da comunidade, e un medio para conseguir os amplos obxectivos formulados. Por outra banda, estes traballos, completáronse co acondicionamento das instalacións da sede do taller de Emprego, facendo deste un lugar polivalente para todo tipo de actividades.


3. estructura cuberta



4. colocación da tella
 
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade