O concello de Covelo defínese polos seus vales, rios, e montañas que conforman unha paisaxe verde e fermosa. Covelo está situado no sur da provincia de Pontevedra. Acolle nas súas terras o nacemento e o curso alto do río Tea e conforma no seu territorio os primeiros vales do Tea, así como as Serras do Suído, e o Faro de Avión. Limita coas localidades ourensanas de Avión, e Melón e coas pontevedresas de A Cañiza, Mondariz, A Lama e Fornelos de Montes. Unha superficie de 124 quilómetros cadrados, na que reside unha poboación de 3.500 habitantes, repartidos en 14 parroquias, cunha densidade de poboación de 29 habitantes por quilómetro cadrado.
Como imaxinarán, interésanos todo do noso pobo e en especial as persoas, as persoas que viven, disfrutan e traballan o territorio, que se relacionan co seu medio e os seus semellantes, que forman unha comunidade con sentido de identidade, sempre disposta a aceptar a novos veciños e cordial e acolledora cos seus visitantes.
Sempre a súa disposición,
Juan Pablo Castillo Amigo, o alcalde