Coñece Covelo
Achégate a Covelo a través das súas parroquias. Coñéceas todas e descubre todo o que teñen que ofrecer.
Santa Mariña de Covelo    |    Paraños    |    Covelo    |    Casteláns    |    Maceira    |    Prado    |    A Lamosa
Barcia de Mera    |    Campo    |    Prado de Canda    |    Piñeiro    |    Godóns    |    Fofe    |    A Graña


Prado de Canda - Ver fotos

fotografia Sita entre a parroquia de Lamosa e a de A Franqueira , esta última pertencente ó Concello de A Cañiza.

Prado de Canda é unha parroquia traballadora de grande tradición gandeira.

Por esta parroquia discorren os ríos Xabriña e O Azal onde atopamos unha masa forestal mixta formada por bosque tradicional (carballeiras, acevos, visgo, alixos, bidueiros) e piñeirais. Tamén abunda o xabaril e o raposo.

A topase a uns 550 metros de altitude polo que os invernos son fríos e húmidos. É unha das parroquias máis pequenas do Concello xunto coa parroquia de Fofe, tanto en extensión de terreo coma de habitantes.

No monte comunal atopa un curro onde se realiza a denominada "Rapa das Bestas" e tamén foron localizados nestes montes diversos depósitos arqueolóxicos.

Os seus barrios e lugares son: A Aldea de Baixo, A Aldea de Riba, A Arigua, A Bouza, Ás Casanovas, Cavadiña, A Costa, Os Luceiros, O Outeiro, A Porteliña.
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade