Unha das máis afastadas da capital municipal, colinda co municipio de Avión na provincia de Ourense. O pobo esta coroado polo punto máis alto da provincia de Pontevedra; o Faro de Avión. A Serra do Faro de Avión con frecuencia preséntase totalmente cuberta por un manto branco. Poderemos beber puras augas no nacemento do río Tea e dispoñemos tamén de grandes masas de bosque autóctono como a chamada " Carballeira do Rei " ou o bosque de Coveliño.
A súa festa de gran renome é a romaxe da Virxe da Xestosa de grande tradición popular.
Os seus barrios e lugares son: Ás Carballas, Carballeira, Cende, A Costiña, Coveliño, Fondo de Vila, A Fraga, Os Loureiros, Outeiro, A Presa, O Toxaliño, Ás Veigas do Chan.
.