Esta parroquia atópase a 10 km da capital municipal. A súa principal actividade é a gandaría unida á agricultura minifundista en desaparición, agora a concentración parceira que se executa na zona aumentou as superficies cultivables. Dende os seus cumes, sobre todo o monte Collado, pódese admirar unha fermosa paisaxe.
Existen antigas vías empedradas e unha ponte medieval que atravesa o río Tea.
Os seus barrios e lugares son: A Bugariña, Cardezana, Cernadela, Chan de Souto, Costa, As Covilloas, O Lomedro, Pardellas, O Petouto, A Portela, Sutibal, Vilar.