Nunha visita á parroquia non hai que esquecer da ponte medieval existente e dunha vía medieval que a atravesa. Dende a casa de turismo rural " Rectoral de Fofe " pódense apreciar as fragas de carballos do val do Tea, admirar o ceo estrelado, a saída da lúa sobre o Faro de Avión ou iniciar a "ruta do serradoiro dos Carranos " que nos conduce nun fermoso paseo pola zona.
Os seus barrios e lugares son: A Aldea de Baixo, A Aldea de Riba, O Carballal, Ás Cavadiñas, O Chafallón.