É o nome que recibe a capital do termo Municipal . Aquí atópanse os principais servizos que se ofrecen á poboación: O Concello, o Cuartel da Garda Civil, Correos, o Xulgado de Paz, un Centro Médico, unha Farmacia, un Centro de Ensino Infantil Primario (nenos ata 13 anos), unha Piscina Municipal, campo de fútbol, un campo de tenis, dúas pistas polideportivas, un pavillón de deportes, unha biblioteca con acceso a Internet de banda ancha gratuíto, unha gardaría infantil un auditorio e outros servizos.
Como puntos de visita destaca o Cruceiro del Santísimo Cristo dos Aflixidos, o monte de Castro, dende onde se aprecia unha fermosa panorámica da vila e no lugar da Hermida, a Casa Museo Casa da Cruz.
Seus barrios e lugares son: Carballeda, O Carrizó, O Castro, O Costal, Coveliño, A Ermida, Fontán, O Mangón, Pedregal, Os Piñeiros, Santiago de Covelo.