Esta parroquia a sitúa no límite do Concello de Covelo co de Mondariz , ten unha extensión de 7,5 Km 2 e 416 habitantes. É unha das parroquias cos máis fermosos vales do municipio. Nela consérvanse restos dunha igrexa románica de finais do século XII, que foi mosteiro, probablemente de monxas benitas . O único que queda desta construcción é a súa ábsida, de cuarto de esfera sobre nervios procedentes de pequenas columnas. Nos vans da ábsida, aprécianse pequenas ventás de arquivolta semi circular apoiada en columnas por dentro e por fóra. Tamén posúe canecillos e os arcos interiores dalgunha ventá son de ferradura de influencia mozárabe. Estes restos poden ser visitados en Mondariz Balneario , onde foron trasladados a principios do século pasado. Casteláns probablemente foi na antigüidade un lugar onde residiron persoas de leis e escribáns. Consérvanse aínda escudos heráldicos en varias "casas grandes" da parroquia que teñen un notable interese.
As súas terras son fértiles debido a unha menor altitude e recollen un viño afrutado e saboroso. tamén o año e o cocido son dous manxares propios do lugar.
No barrio de Lourido manan unhas augas sulfurosas de fama en todo o Concello e que sandan numerosas enfermidades.
Os seus barrios e lugares son: A Arroteña , Ás Barreiriñas , Campelo , A Cancela Grande, A Carrexa , Ás Casanianas , Casteláns , O Ceo , A Costa, O Couto, A Doadiña , A Fonte , Lourido , A Pena, Ás Pereiras , O Pío, A Sequeira , Sobreira