Coñece Covelo
Achégate a Covelo a través das súas parroquias. Coñéceas todas e descubre todo o que teñen que ofrecer.
Santa Mariña de Covelo    |    Paraños    |    Covelo    |    Casteláns    |    Maceira    |    Prado    |    A Lamosa
Barcia de Mera    |    Campo    |    Prado de Canda    |    Piñeiro    |    Godóns    |    Fofe    |    A Graña


A Lamosa - Ver fotos

fotografia O punto con máis altitude é o alto de Montouto con 953 metros , monte próximo e máis elevado que o famoso monte de A Paradanta (945 m).

Antigamente A Lamosa pertencía á parroquia de Santiago de Covelo. Nun punto próximo ao Montouto, na Taberna dá Canda, nace o río Xabriña, con boas e saborosas troitas, encontrándose nas súas beiras gran cantidade de muíños " fariñeiros ". As augas deste río desembocan no río Tea, na vila de Mondariz-Balneario.

Son destacables o peto de ánimas existente na igrexa parroquial na que se celebra a Romaría do Libramento. Tamén se pode destacar un cruceiro que estaba policromado e do que se conserva aínda algo da súa cor orixinal.

Pobo que pola súa altura sobre o nivel do mar, as súas boas comunicacións e o carácter das súas xentes, fan del un fermoso lugar para veranear. Nos seus bosques de piñeirais pódense atopar no outono especies de cogomelos moi apreciados.

Os seus barrios e lugares son: A Borbella, O Cabo, Chan de Prado, A Codeseira, A Congostra, Corzós, O Couto de Rixo, Currelos, Custeu, Paredes, O Regueiro.

.

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade