Xornada de Voluntariado Ambiental para a limpeza de espazos verdes.
Sábado 12 de xuño de 2021.
De 10:30 a 13:00 h.
Ao remate haberá picnic para os asistentes.
Aínda que as labores que se van a realizar non deben entrañan riscos, para realizar a xornada de voluntariado faise necesario darse de alta no Programa de Voluntariado de Covelo, dependente do Departamento de Servizos Sociais do Concello, e formalizar un seguro obrigatorio gratuíto, tendo de prazo ata o venres día 11de xuño. Pode acadar toda a información relativa e esta xornada e realizar a inscripción nos Servizos Sociais do Concello. Teléfonos das Oficinas Municipais (986 650027/986 650047. Extensión 1).
A crecente sensibilización da cidadanía fronte á degradación ambiental ten levado a moitas persoas e entidades a organizar limpezas de ríos. Malia que xa case ninguén contempla o río como un vertedoiro, aínda queda moito lixo neles.
En ocasións, os refugallos tirados ao río non representan un perigo para o ecosistema, pero si supoñen un impacto visual negativo (papeis, plásticos, madeiras, etc.). Noutras ocasións, os materiais depositados poden supoñer unha fonte de contaminación, debido ás sustancias que as compoñen (pilas, aceites de coche, baterías, produtos fitosanitarios, etc.) ou ben porque poden provocar alteracións en certos organismos (vidro, chatarra, etc.).
Qué debemos ter en conta
A limpeza será unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
Nunca poñades en risco a vosa saúde: é máis importante a vosa integridade física que calquera material que podades retirar.
Levade calzado e roupa resistentes.
Empregade luvas e calzado (botas, zapatos de deporte…) para evitar feridas: entre o lixo pode haber botellas de vidro rotas, chatarra, etc.
Recollede o lixo en bolsas grandes e resistentes, de tea ou de plástico.
Dividide o treito en anacos para traballar por zonas, e se sodes un grupo numeroso facede grupos de 2 ou 3 persoas por treito.
En caso de atopar aceites de coche e outros residuos líquidos, fai falla ir con moito coidado e non facer misturas de produtos.
Tentade separar os diferentes tipos de lixo para posteriormente depositalos nos contedores correspondentes e así favorecer a súa reciclaxe.
Facede fotos da limpeza e de todo o lixo recollido e divulgade a vosa acción nos medios de comunicación.
Limpade o material empregado (botas, roupa, sachos…), especialmente se o ides empregar de novo noutro río, xa que podedes estar dispersando sementes de flora exótica invasora ou, no caso de anfibios, transmitindo enfermedades.
O Concello facilitará un sistema de transporte para recoller o lixo que almacenaremos nalgún lugar accesible para eles.