Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por administracións locais de Galicia unidas pola vontade común de contribuír á erradicación das desigualdades Norte-Sur, a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento con países empobrecidos e a sensibilización social en Galicia.
O Fondo Galego é un espazo transpartidario e plural, libre de personalismos políticos, inspirado pola vontade de consenso e pola idea de que a solidariedade e a cooperación internacional deben ser áreas de colaboración e non de confrontación.
O concello de Covelo é membro do fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desde o 2006. Destacamos desta colaboración a importancia de aprender doutras culturas e experiencias pero tamén a satisfacción de achegar o noso gran de area para construír un mundo mais xusto porque o global é local e é responsabilidade de todos e todas. Mais información sobre proxectos, organigrama, entidades socias, cooperación,... na ligazón fondogalego.gal/