O Portal de Vivendas e Terras de Covelo (PVTC) nace como unha ferramenta de encontro que se pon a disposición das persoas que desexen ofertar/atopar propiedades en venda, aluguer, aluguer con dereito a compra, cesión, doazón, uso compartido, etc.

O Portal de Vivendas e Terras de Covelo (PVTC) nace como unha ferramenta de encontro a disposición das persoas que desexen ofertar/atopar propiedades en venda, aluguer, aluguer con dereito a compra, cesión, doazón, uso compartido, etc.
Este Portal ven a encher un baleiro xa que, en moitos casos, prodúcese un desaxuste entre oferta e demanda resultando que existen propiedades e vivendas baleiras, en situación de potencial aluguer ou venda, e estas non son facilmente identificables nin localizables por unha demanda crecente de persoas interesadas nelas.
Preténdese tamén intentar vencer os medos e a reticencia dos posibles arrendadores á hora de alugar, facilitándolles información das distintas axudas económicas, beneficios fiscais e medidas de garantía e protección para un aluguer seguro.
Ao mesmo tempo, a ferramenta permite por en valor propiedades inmobiliarias de todo tipo (parcelas rústicas, urbanas, antigas explotacións agrarias ou gandeiras, etc) que se atopan infrautilizadas e que poden ser aproveitadas por persoas que desexan por en marcha diversas iniciativas empresariais ou vitais.
Axudas para aluguer, compra e rehabilitación de vivendas, aquí.
Información importante e axudas ao fomento do aluguer para arrendadores e arrendatarios aquí.