
Rehabilitación das antigas Casas dos Mestres de Covelo
Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Programa DUS 5000 – Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
O Concello de Covelo executou o proxecto “Mellora da eficiencia enerxética e autoconsumo nas antigas Casas dos Mestres”, financiado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do Programa DUS 5000 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O investimento total ascende a 1.017.413,64 €, cunha axuda concedida de 866.214,28 €.
Actuacións previstas
O proxecto consistiu nunha rehabilitación integral do conxunto das antigas vivendas dos mestres, que inclúe tanto actuacións enerxéticas como construtivas e de mellora funcional, co obxectivo de transformar o inmoble nun espazo moderno, eficiente e socialmente útil.
As principais intervencións son:
A instalación fotovoltaica consta dun total de 6 sistemas individuais de autoconsumo destinadas a abastecer as catro vivendas e os dous novos espazos de coworking. Este sistema, integrado na cuberta baixo a Modalidade de Autoconsumo sen Excedentes, componse de 48 módulos fotovoltaicos en total, o que lanza unha potencia pico agregada de 28,8 kWp, distribuídos do seguinte modo:
• Cada unha das catro vivendas conta con 7 módulos fotovoltaicos de 600W, alcanzando unha potencia pico individual de 4,2 kWp (4.200 W).
• Cada un dos seis espazos de coworking dispón de 10 módulos fotovoltaicos de 600W, alcanzando unha potencia pico individual de 6,0 kWp (6000W).
Obxectivos e resultados
Esta actuación permitirá reducir as emisións de 32,77 teqCO2/m² año a 0,23 teqCO2/m² ano, o que supón un aforro dun 99,30%, acadando unha calificación enerxética A cun aforro dun 99,26% anual.
Grazas a este proxecto, Covelo contará con catro vivendas sociais municipais e dous espazos de traballo compartido (coworking) equipados con tecnoloxías sostibles, impulsando a innovación e o emprendemento local.
Datos en tempo real da producción eléctrica das instalacións fotovoltaicas instaladas no edificio.
Accederá ao portal SEMS como visitante a través dos seguientes datos de acceso e poderá consultar a producción en tempo real:
Datos en tempo real da xeración térmica renovable das instalacións de aerotermia instaladas no edificio.
Accederá aos datos de xeneración térmica renovable neste enlace.
Resumen de redución de emisións, aforros enerxéticos e cualificación enerxética dos edificios

