Proyecto de participación
Plan de Movilidad Sostenible
Categoría: Participación en proxectos de obras
Descripción: Proceso de participación da veciñanza mediante enquisas, mesas de traballo e un cuestionario on-line.
Contenido:  O Concello de Covelo, dentro da redacción do seu Plan de Mobilidade Sustentable, ven de pór en marcha un proceso de recollida de información sobre os hábitos de mobilidade dos seus veciños e veciñas. Para tal fin, unha das ferramentas que se emprega tanto para analizar ditos hábitos como para recibir as súas propostas e demandas vai ser este cuestionario.

A enquisa estará aberta ata o día 9 de Decembro e, nesta mesma páxina, difundiranse os principais resultados acadados. Se o desexa tamén pode enviar as súas suxestións ao correo covelo@plandemobilidade.com. Agradecemoslle a súa participación.

Dende o Concello e a equipa de técnicos colaboradores garántese o absoluto anonimato da identidade das persoas que participen en base á lei.

Cubrir a enquisa aquí

Comentarios

Comenta aquí
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade