Covelo fórmano 14 parroquias sobre un terreo moi variado e accidentado. Vales profundos, ríos, montañas especialmente marcadas no límite noroeste, con alturas superiores ós 1.000 metros constituen unha grande variedade paisaxística.
O punto máis alto de toda a provincia de Pontevedra é onde nace o
río Tea , no Concello de Covelo, no Faro de Avión (1.155 m). O río Tea discorre polo Val do Tea dividindo en diagonal o territorio municipal. No seu traxecto nútrese de
múltiples afluentes de augas cristalinas e ateigadas de vida vexetal e animal. Abundan no seu caudal as troitas de montaña (de menor tamaño que a troita de augas calmas), tamén se coñece a existencia de lontras e outras especies escasas noutros ecosistemas. A combinación de paraxes rudas, propias de terreos moi elevados (
Serra do Suído e Serra do Faro), contrasta coa fecundidade dos pequenos vales e fragas das zonas con cotas inferiores. Estes puntos altos son exemplos de media montaña en estado libre a escasos quilómetros da cidade donde ses resiste a desaparecer varias poboacións de
lobo ibérico. As Fragas do Tea constitúen un exemplo de bosque conformado principalmente por carballos e outras caducifolias autóctonas. Estas fragas situadas no Alto Tea son as máis extensas e mellor conservadas da provincia de Pontevedra e unhas das máis importantes de Galicia. O nivel de protección intensificouse para preservar este patrimonio natural de talas incontroladas que provocan unha forte erosión no chan e a perdida dun ecosistema escaso. Nesta paisaxe abundan os xabarís, corzos, pequenos carnívoros, lontras, aves rapaces, vecacinas, arceas, gatos monteses e outras especies que atopan nestas masas boscosas o seu hábitat idóneo. O río Tea foi declarado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, "Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral". Dende o Pico de Avión, Xuarquiña, Lomba dá Serra Chan de Lama, Couto Bidueiros, Portiño Escuro, pódese contemplar as vistas máis fermosas deste concello. Tamén dende a Serra de Fontefría ao sur e límite con A Cañiza ofrece paisaxes incribles, ideal para os afeccionados á micoloxía.
Dende o alto divísanse vales, que parecen cortados en rectángulos e pintados con verdes de distintas tonalidades. Algúns bosques autóctonos, como o que podemos ver dende o alto de A Guía de Piñeiro, se antollan lugares ideais para escaparse.
REDE NATURA 2000
A Rede Natura 2000 é a rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea, creada con obxecto de salvagardar os hábitats e especies máis importantes de Europa. Componse de zonas especiais de conservación (ZEC), declaradas conforme a directiva sobre hábitats, e, ademais, das zonas especiais de protección para as aves (ZEPA), definidas segundo a directiva sobre aves.
A proposta galega para inclusión na Rede Natura 2000 está composta por 59 espazos ou lugares de importancia comunitaria (LIC). O sistema fluvial do Río Tea, dende Covelo ata a súa desembocadura no río Miño, é un deles.
Entra na web "
O río Tea na Rede Natura 2000" para informarte máis a fondo
Tríptico descargable onde se recollen lugares de interés do río Tea (pdf)