ATENCION PRESENCIAL E CITA PREVIA
O Concello de Covelo permanece aberto en horario de 9:00 h. a 14:00 h. con acceso libre. Aquelas persoas que o consideren, poderán solicitar cita previa a través dos teléfonos de atención ao público tendo preferencia fronte ás que o fagan sen cita concertada. As formas de concertación de cita previa pode consultalas aquí.
Últimas novas
05 xullo 2025
05.07 .2025 Nova edición da Feira de Artesanía e Segunda Man en Covelo.
Un plan perfecto para toda a familia pola mañá: mercadiño, obradoiros, música, comida e moito máis.
04 xullo 2025
Narración oral na Praza Mestre Cerviño! O venres 4 de xullo ás 20:30 h, a Biblioteca de Covelo, dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, trae unha cita moi especial coa narradora VERO RILO
Achegádevos á Praza Mestre Cerviño para desfrutar dunha tarde chea de maxia, contos e tradición oral. Porque os contos de antes tamén teñen moito que dicir hoxe. Actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Covelo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Covelo.
04 xullo 2025
O venres 4 de xullo ás 20:30 h na praza Mestre Cerviño, a Biblioteca de Covelo, dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, trae unha cita moi especial coa narradora VERO RILO
Actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Covelo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Covelo.
04 xullo 2025
Este verán, antes de viaxar... DOA SANGUE!
Covelo - Unidade móbil xunto ao Concello Venres, 4 de xullo De 16:00 a 21:00 h Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, doar só che levará 10 minutos e podes salvar vidas! Lembra almorzar e esperar 2 horas despois de xantar para doar. Trae o DNI ou tarxeta de doador/Máis info: 900 100 828 (gratuíto)
25 xuño 2025
Apertura da Piscina Municipal de Covelo 2025
A tempada estival da Piscina Municipal de Covelo comezará o martes 1 de Xullo e rematará o domingo 7 de Setembro en horario CONTINUO de 12:00 a 20:00 horas.
24 xuño 2025
Actividades deportivas na Piscina Municipal de Covelo – Verán 2025
Xullo: ->Ximnasia acuática para adultos Agosto: -> Natación para crianzas ->Natación para adultos
21 xuño 2025
21.06.2025 CINE DE VERÁN EN COVELO.
O vindeiro sábado 21 de xuño, dentro do programa Cine de Verán, proxectaremos a divertida e emocionante película "Del Revés 2" (Inside Out 2) na Praza Mestre Cerviño.
19 xuño 2025
Listado admistidos/as Campus Multideporte 2025
Para consultar o listados de admitidos/as e as correspondentes tasas
Máis novas
Destacamos
Sede eléctronica / Emprego público
Sede electrónica Emprego público
Transparencia e participación
 
Taboleiro de anuncios
Axenda de eventos
Máis eventos
 
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade