Actualidade e Noticias



Esta fin de semana visita o Serradoiro dos Carranos, obra mestra da arquitectura e da enxeñaría
- 16/03/2023 -

O Concello de Covelo organiza unha nova xornada de portas abertas gratuíta na que coñecer esta xoia do pasado da man do guía Julio Eiroa
Nova xornada de portas abertas do Serradoiro dos Carranos este domingo día 19 de marzo. No marco da iniciativa de dinamización e posta en valor do patrimonio natural e cultural “Ríos Aldeas Montañas de Covelo”, o Concello organiza a segunda visita guiada deste ano 2023 en colaboración coa Deputación de Pontevedra.


Será este domingo a partir das 10 horas totalmente de balde. En grupos dun máximo de 25 persoas realizanse catro pases: de 10 a 11:30 horas; de 12 a 13:30 horas; de 14 a 15:30 horas e de 16 a 17:30 horas. As persoas interesadas deberán inscribirse no número de teléfono 654 500 652.


Da man do guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa, coñecerán a historia desta reliquia do pasado económico e industrial do noso concello. O Serradoiro dos Carranos é unha obra mestra da arquitectura e da enxeñaría. Este serradoiro, construído pola familia Vales no 1922, utiliza a forza motriz da auga para mover unha serra de cinta e outras maquinarias. Neste momento está rehabilitado para a visita con material didáctico repartido entre as diferentes estancias do conxunto.


O goberno de Covelo sigue apostando pola valorización dos seus bens culturais e medioambientais facéndoos visibles, visitables e achegándoos non só á veciñanza do concello, tamén ao resto dos visitantes.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade