Novas
Maria do Ceo actuará en Covelo dentro do programa +Música da Deputación de Pontevedra o 11.07.2026
- 11/07/2026 -
->Sábado 11 de xullo de 2026
->22:30 h
->Praza Mestre Cerviño, Covelo
->Entrada libre

Considerada por numerosos medios especializados como unha das grandes intérpretes do fado tradicional e sinalada por algúns críticos como a sucesora de Amália Rodrigues polo seu estilo e interpretación, Maria do Ceo achegará ao público de Covelo un espectáculo cheo de emoción, sensibilidade e paixón.

Co seu inconfundible estilo, a artista transmite sobre o escenario toda a esencia do fado, envolvendo ao público nun ambiente máxico no que a melancolía, a dozura e a intensidade emocional se funden coa musicalidade propia deste xénero. Ademais do fado, Maria do Ceo interpreta tamén boleros cunha personalidade artística única que lle valeu o recoñecemento como embaixadora da cultura galega no mundo.

O concerto forma parte do programa +Música da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que promove e difunde a música e a cultura galega por toda a provincia.

Sábado 11 de xullo de 2026
 
22:30 h
Praza Mestre Cerviño, Covelo
Entrada libre

Desde o Concello de Covelo animamos a toda a veciñanza e visitantes a desfrutar desta cita musical única da man dunha das grandes voces do panorama musical galego e portugués.





    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade