Proyecto de participación
Acondicionamento da Praza de Maceira
Categoría: Participación en proxectos de obras
Descripción: Consulta e participación no anteproxecto da obra de "Acondicionamento da Praza de Maceira" de forma que calquera veciño poderá aportar ideas acerca da definición de usos alternativos dos espazos, materiais de execución, cores, ordenación de mobiliario urbano ou calquera outra aportación que considere necesaria.
Contenido:  
PARTICIPACIÓN VECIÑAL NO PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DA PRAZA DE MACEIRA

O Concello de Covelo ven de redactar o ante proxecto de Acondicionamento da nova Praza de Maceira que se pretende realizar con cargo aos vindeiros presupostos de obras do ano 2020.

Antes da aprobación definitiva de dito proxecto, a través da sección de Participación “Covelo falo ti” da páxina web do concello, poderase consultar o anteproxecto de obra de Acondicionamento da Praza de Maceira de forma que calquera veciño poderá aportar ideas a cerca da definición de usos alternativos dos espazos, materiais de execución, cores, ordenación de mobiliario urbano ou calquera outra aportación que considere necesaria.

Mediante este proceso de participación, dende o concello preténdese facer partícipes aos veciños e veciñas nos procesos de renovación de espazos públicos que son utilizados por todos, fomentando un urbanismo participativo, sostible e integrador que favoreza o uso para as persoas. 

As actuacións propostas contemplan a combinación de materiais nobres como pedra e madeira con outros mais modernos como aceiros ou cementos pulidos e coloreados, mellora da accesibilidade para persoas dependentes, ocultación de contedores e renovación de mobiliario urbano nunha nova concepción dos espazos mais orientada á integración e o uso peonil de nenos e maiores. 

Unha vez definido o proxecto cos veciños e veciñas, o concello comprométese a incluílo en futuros presupostos de obras e a buscar financiación ante outras administracións ao longo do 2020.

Pode consultar o anteproxecto de Acondicionamento da Praza de Maceira aquí

Infografias orientativas do resultado proposto: 

               









 


Comentarios

Comenta aquí
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade