Novas
19/05/2025
"Mareas de Coñecemento", Programa Universitario para Maiores en Covelo.
Luns 12 de maio seminario 1: "Coñecendo a fraxilidade", Cal é a relación entre a fraxilidade e as caídas? Como se trata a fraxilidade na fisioterapia, imparte Irimia Mollinedo Caldalda, profesora da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo Campus Pontevedra.
Luns 19 de maio ás 16:30 h seminario 2: "Aprende a salvar unha vida" Principais causas da parada cardíaca e como evitala. Pasos básicos para actuar en caso de accidente, imparte Sheila Vázquez Álvarez e Eloy Carracedo Rodríguez, Profesores do Campus de Pontevedra, grupo de investigación REMOSS, Universidade de Vigo.
17/05/2025
Día das Letras Galegas 2025. Cantareiras, da tradición á vangarda.
Na preservación e transmisión da identidade colectiva, cómpre volver ás raíces para seguir botando gromos.
16/05/2025
Día das Letras Galegas 2025 en Covelo.
A Real Academia Galega dedica este ano á poesía popular oral, homenaxeando a mulleres cantareiras e pandeireteiras que manteñen vivo o noso patrimonio inmaterial.
En Covelo tamén celebramos esta data cunha tarde de cantareiras do noso pobo!
16/05/2025
VIII Programa de Compostaxe Doméstica no Día Mundial da Reciclaxe.
Neste oitavo programa a Sociedade Galega de Medio Ambiente en colaboración co Concello de Covelo facilitará as persoas ou familias interesadas un total de 25 composteiros, un manual de compostaxe doméstica e un pequeno curso de formación (duración de unha hora)
15/05/2025
O Concello de Covelo presenta o proxecto €Círculo de Mulleres€.
Nove xornadas colectivas destinadas á mellora da confianza e do benestar físico e mental das mulleres.

[1467 noticias - Página 6 de 294]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade