Actualidade e Noticias

Covelo instala dúas novas estufas de pellets nas casas de cultura de Barcia de Mera e Santa Marina.

A actuación foi financiada con fondos do Instituto Enerxético de Galicia da Xunta de Galicia e con recursos propios do concello.

22/01/2025



AXUDAS XUNTA DE GALICIA PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA MENORES DE 36 ANOS EN CONCELLOS DE MENOS DE 10000 HABITANTES.



15/01/2025



Axudas para Asociación de Veciños e Comunidade de Usuarios de Auga. Mellora de instalacións



15/01/2025



O CONCELLO DE COVELO DÁ A BENVIDA AOS NENOS E NENAS NACIDOS EN 2024

O alcalde Pablo Castillo e as concelleiras Lourdes Enes e María Valiñas, recibiron ás familias
na casa do concello e entregáronlles unha cesta con produtos de hixiene e unha camiseta de benvida.

Na recepción das oito familias, o alcalde deulles a benvida, felicitoulles pola súa recente
paternidade e maternidade e agradeceulles que apostasen por crear e ampliar a súa familia no
medio rural. Tamén falaron das necesidades e demandas que lles xorden co
nacemento do bebé e as posibilidades de mellorar todos aqueles servizos municipais que lles
permitan conciliar a vida laboral e familiar.
O concello de Covelo, a través dos orzamentos anuais, dispón dunha liña de axudas de fomento
da natalidade de 500 € para cada neno nado e empadroado en Covelo, financia
con 20.000 € a escola infantil Galiña Azul para nenos de 0-3 anos e subvenciona o servizo de aula
matinal a través da AMPA do colexio Antonio Blanco.
€Ninguén se decide a ter fillos polas axudas que podamos ofrecer as administracións, xa que
a responsabilidade de ser pais é para toda a vida, pero con este xesto queremos
celebrar e agradecer a decisión de ser pais e nais nun pobo€ díxolles o alcalde.

14/01/2025



ANUNCIO

Corte de auga por obras no depósito de auga de San Amaro Barcia de Mera.
DIAS: Luns 13, martes 14 e mércores 15 xaneiro
Horas: de 7:00 h. a 19:00 h

09/01/2025



[598 Actualidade e Noticias - Página 5 de 120]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade