Novas
23/01/2025
Enquisa de participación veciñal no IX Plan de Formación 2025.
Plan de Formación dirixido a veciñanza do Concello preferentemente as persoas desempregadas. Có obxecto de determinar os cursos mais axeitados e a programación no tempo, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as suas propostas tanto nos tipos de cursos que lle gostaría que fosen realizados como no calendario de realización destes.
22/01/2025
Covelo instala dúas novas estufas de pellets nas casas de cultura de Barcia de Mera e Santa Marina.
A actuación foi financiada con fondos do Instituto Enerxético de Galicia da Xunta de Galicia e con recursos propios do concello.
15/01/2025
AXUDAS XUNTA DE GALICIA PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA MENORES DE 36 ANOS EN CONCELLOS DE MENOS DE 10000 HABITANTES.
Destino subvención:
- Adquisición de vivenda habitual.
Importe máximo:
- Limite do 20% do prezo de adquisición da vivenda, sen incluír os gastos e tributos a esa adquisición.
No suposto da modalidade A a contía máxima da axuda será de ata 10.800 € por vivenda.
Prazo de solicitude:
- Comezará o 27 de xaneiro de 2025 e rematará o 15 de outubro de 2025 e en todo caso no momento do esgotamento do crédito orzamentario.
15/01/2025
Axudas para Asociación de Veciños e Comunidade de Usuarios de Auga. Mellora de instalacións
Destino da subvención:
- Gastos ocasionados como consecuencia de investimentos en inmobles de titularidade veciñal ou con deito de uso por convenio ou por calquera outro título.
- Equipamentos necesarios para o seu funcionamento.
- Obras nas traídas de agua comunitarias.
Importe:
Poderá abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 € para a realización de obra (liña 1) e de 5.000 € para a dotación de equipamentos (liña 2).
13/01/2025
Benvida aos novos bebés de Covelo.
O pasado sábado o Alcalde, Juan Pablo Castillo e a concelleira Lourdes Enes deron a benvida aos bebés nacidos no 2024 en Covelo.
Os bebés recibiron un detalle por parte do Concello de Covelo.

[1418 noticias - Página 5 de 284]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade