Actualidade e Noticias

O programa €Mareas de Coñecemento€ cos seminarios senior, levou á veciñanza de Covelo a descubrir o patrimonio románico da contorna.

As persoas participantes, maiores de 50 anos, visitaron as ruínas da igrexa románica de Casteláns (século XII) e tiveron a oportunidade de contemplar varios arcos ornamentais que hoxe se conservan nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario.

25/09/2025



VOANDO XUNTAS Dentro do programa Clara, desenvolveuse a actividade Voando Xuntas, unha iniciativa de promoción das carreiras STEM entre as nenas a través do voo de drons.

O obxectivo é achegar a tecnoloxía dun xeito lúdico e inspirador, despertando a curiosidade polas ciencias, a enxeñaría e a innovación, e fomentando a igualdade de oportunidades dende idades temperás.

Con esta actividade búscase romper estereotipos de xénero, amosar referentes próximos e abrir camiños para que as rapazas vexan nas disciplinas STEM unha opción de futuro.

20/09/2025



O Concello de Covelo presenta as axendas escolares 2025/2026 co proxecto €10 meses, 10 propósitos contra a violencia de xénero€

O Concello de Covelo fixo entrega das axendas escolares do curso 2025/2026 ao alumnado do CEIP Antonio Blanco Rodríguez, dentro do Proxecto de Sensibilización e Prevención en Violencia de Xénero: 10 meses, 10 propósitos.
Estas axendas conteñen debuxos e propostas elaboradas polos propios estudantes, baixo o lema €10 meses, 10 propósitos contra a violencia de xénero€, que servirán de guía para o desenvolvemento de actividades de reflexión e aprendizaxe ao longo de todo o curso.

16/09/2025



Novo espazo natural de interese local en Covelo.

O Concello de Covelo e a Comunidade de Montes en Man Común de Barcia de Mera unen forzas para protexer unha zona de especial interese medio ambiental.


19/08/2025



Horario agosto Biblioteca Municipal de Covelo

Aviso Biblioteca Municipal de Covelo

Informamos que a partir dO 18.08.2025 a Biblioteca Municipal de Covelo recupera o seu horario de verán habitual de luns a venres, de 8:00 h a 14:00 h.
Excepción: mañá martes 19.08.2025 abrirá de 8:00 h a 10:00 h e de 12:30 h a 14:00 h.
Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.

18/08/2025



[624 Actualidade e Noticias - Página 3 de 125]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade