Actualidade e Noticias

O Concello de Covelo súmase á conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down (21 de marzo).

Apoiamos iniciativas como a iluminación en azul e amarelo promovida por Down Galicia, para dar visibilidade ás persoas con síndrome de Down e avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva e respectuosa.

21/03/2026



O Concello de Covelo permanecerá pechado os días: 19 de marzo - Festivo 20 de marzo - Festivo local Desculpen as molestias.



19/03/2026



A Deputación está a investir 280.000 € en obras de conservación de firmes en catro estradas provinciais que atravesan o Concello de Covelo

A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, xunto co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, supervisaron as obras que se están a acometer na EP-5105 Maceira-Graña, nas que a Deputación está a investir 31.500 €

18/03/2026



8M - Día Internacional das Mulleres

Recoñecemos o papel fundamental das mulleres na sociedade e, especialmente, no ámbito local, onde co seu traballo, compromiso e responsabilidade contribúen cada día a mellorar a vida da veciñanza.

08/03/2026



Covelo aposta pola formación no rural en 2026

O Concello de Covelo continúa impulsando novas oportunidades para a veciñanza cunha ampla oferta de cursos que xa están a ter unha gran acollida neste inicio de ano.

26/02/2026



[639 Actualidade e Noticias - Página 2 de 128]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade