Axenda
08/03/2022
Axuda Humanitaria para Ucraína.
O Concello de Covelo, xunto coa agrupación de Voluntarios de protección Civil Oitaven-Tea inicia a recollida de material humanitario entre particulares, empresas e outras entidades para enviar a Ucraína.
06/03/2022
Portas abertas Serradoiro Carranos
III Xornada de portas abertas o 06.03.2022 previa inscrición chamando no telf. 654.500.652
05/03/2022
Mostra de Produtos de Covelo Marzo 2022
Sábado 05.03.2022 de 10.00 h a 14.00 h podes gozar de artesanía local, horta ecolóxica, xoiería, maquetería, cestería, decoración, moda, macramé, pan ecolóxico e moitos postos mais. Tamén teremos posto de pulpeiro e música en directo coa actuación de Breocáns Folk na sesión vermú.
04/03/2022
Apoio e Solidariedade ou pobo de Ucraína.
O Concello de Covelo quere facer público o seu apoio ao pobo de Ucraína e manifestar a súa repulsa a todo acto de violencia.
Dende o Concello de Covelo ofrecémonos como destino para posibles acollementos e pómonos a disposición das autoridades para recibir, na medida das nosas posibilidades, á poboación ucraína que precise un lugar para vivir esta dura etapa. Ademais, animamos a todos os veciños e veciñas que estean interesados en ofertar unha vivienda para acollida que nolo comuniquen para trasladarllo ás autoridades do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
04/03/2022
Campamento Depo Aventura A Lanzada 2022 da Deputación de Pontevedra
Para nenos e nenas nacidos entre o 2009 e 2014 (ambos os dous incluídos).

[1608 noticias - Página 96 de 322]   [anteriores] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade