Novas
10/11/2022
Participación veciñal nos Orzamentos do 2023
Suxerencias, aportacións ou propostas en calquera ámbito orzamentario; no plan anual de obras e inversións, na organización de festas e actividades lúdicas, deportivas, culturais e sociais, ou en relación á organización e funcionamento dos servizos públicos; propostas de subvencións, modificación de impostos, taxas ou calquer outro asunto que se considere relevante.
07/11/2022
Enquisa para documentar a lonxevidade poboacional do Concello de Covelo.
A Fundación Matrix a través do programa Mayorsig está realizando unha investigación para documentar a lonxevidade poboacional do Concello de Covelo.
Estarán en Covelo facendo enquisas a semana do 7 ao 11 de novembro de 2022.
Desprazaranse as casas da cultura das parroquias.
☎️Anótate no 986650027 Ext 3 (Servizos Sociais).
06/11/2022
Portas abertas Serradoiro Dos Carranos
Xornada de portas abertas do Serradoiro dos Carranos (mes de novembro). Actividade gratuita previa inscrición no teléfono 654500652 (Julio Eiroa).
🪵 >> Domingo, 6 de novembro, visita interpretada do Serradoiro dos Carranos, xoia etnográfica na parroquia de Maceira. Visitas guiadas as 10h, 12h, 14h e 16h en grupos organizados.
05/11/2022
Feira de Artesanía, Segunda Man e Magosto.
Sábado 05.11.2022 na Praza Mestre Cerviño en Covelo desfrutaremos de outra xornada da nosa tradicional Mostra de Artesanía, según man e ás 14 h Magosto con choripan e castañas.
Esta Mostra especial contará con animación musical da man das Pandereteiras do Suido e Ferriñas da Guía e obradoiro especial para nenos e nenas de Caveiras Móbiles.
02/11/2022
Cursos de Formación "VI Plan de Formación" 3ª fase.
- Informática e Contabilidade Básica.
- Limpeza Industrial.

[1504 noticias - Página 92 de 301]   [anteriores] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade