Novas
30/12/2021
A Bailar no Nadal.
O 30 de decembro de 2021 actividade infantil ás 17.00h na praza Mestre Cerviño en Covelo.
28/12/2021
Gala VII Galardóns "Síntete Covelo" 2020 e 2021
A gala para a entrega dos premios Síntete Covelo 2021 celebrouse este domingo día 26 de decembro na auditorio Municipal de Covelo, na que se fixo tamén a entrega dos galardóns do ano 2020 (aprazados a causa da situación Covid).
Foi unha gala moi emotiva e resumindo un pouquiño os galardoados foron:
- Asociación Veciñal de Protección Civil Avpc Oitaven-Tea (galardón 2020) recoñecemento no ámbito humanitario e solidario.
- Grupo de Voluntariado Social do Concello de Covelo (galardón 2020) recoñecemento no ámbito de compromiso humanitario.
- Camping Maceira - Ana Outón Beloso (galardón 2021) no ámbito turístico.
- Comunidade de Montes San Salvador de Prado (galardón 2021) no ámbito medioambiental.
A entrega dos galardóns "Síntete Covelo" realizouna o Alcalde Pablo Castillo, a Concelleira do BNG Laura Santiso Castillo, o concelleiro de PSOE José Fernández Muradás e o membro do xurado Darío Vieitez López.
26/12/2021
Portas abertas Serradoiro Dos Carranos
Domingo 26 de decembro 2021.
INSCRICIÓN OBRIGATORIA a un dos pases, no teléfono 654 500 652 (Julio Eiroa), dende o luns 20 de decembro ata esgotar as prazas.
26/12/2021
26.12.2021 Visita Apalpador en Covelo.
ÁS 13.00 h na praza Mestre Cerviño. CANCELADO
26/12/2021
VII Galardóns "Sintete Covelo 2021"
Aberta a convocatoria dos "VII Galardóns Síntete Covelo", coa finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso Concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, as artes, a ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación do noso entorno e a nosa paisaxe.

[1321 noticias - Página 87 de 265]   [anteriores] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade