Actualidade e Noticias

A Universidade Senior de Monçao coñecerá o patrimonio material e inmaterial de Covelo da man da asociación Río Xabriña de Paraños

O alumnado da Universidade Senior de Monçao, convidados pola asociación cultural e deportiva Rio Xabriña de Paraños, visitará o conxunto abacial de Barcia de Mera, o serradoiro dos Carranos e a parroquia de Paraños onde celebrarán unha festa para entrar en contacto coa música tradicional

13/04/2023



Patrimonio autoriza a construción do centro de día e da residencia de maiores na parroquia de Maceira

A nova residencia de Covelo contruirase nunha parcela municipal do centro urbano de Maceira que o Concello xa puxo a disposición do proxecto e ofertará 59 prazas na residencia

12/04/2023



Covelo acolle as actividades para recuperar a memoria sobre José Gil, grande pioneiro do cinema galego

Parte da adolescencia e xuventude de Gil transcorreu na parroquia da Lamosa, na casa cuartel da Garda Civil, onde o seu pai estivo destinado entre 1881 e 1890

11/04/2023



Covelo celebrou o Día Mundial da Auga limpando as beiras dos ríos

Esta actividade permitíu a limpeza das beiras do río de Coveliño no lugar de Laxiñas, da Poza Lavandeira en Baldomar e do arcén da estrada provincial no tramo Paraños-Covelo

11/04/2023



Remata o curso de manipulación de alimentos do VII Plan de Formación do Concello de Covelo

Ao longo do ano o Concello organizará novos cursos con prioridade para persoas desempregadas

03/04/2023



[542 Actualidade e Noticias - Página 69 de 109]   [anteriores] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade