Novas
23/12/2022
Asacocirco Show
Espectáculo para todos os públicos.
Venres 23.12.2022 ás 16.30 h na Praza Mestre Cerviño en Covelo
En caso de chuvia pasaremos para o auditorio municipal.
21/12/2022
O Punto Limpo permacecerá pechado os sábados 24 e 31 de decembro de 2022
18/12/2022
Gala VIII Galardóns "Síntete Covelo" 2022
Os galardoados "Síntete Covelo" 2022 son:
- D. Julio Eiroa Mera, en recoñecemento a súa labor turística e medioambiental, promoción e divulgación do nome do pobo de Covelo.
- D. Estanislao Fernández de la Cigoña en recoñecemento a súa labor como investigador e divulgador do patrimonio, da cultura, tradicións e do nome do pobo de Covelo.
18/12/2022
VIII Galardóns "Sintete Covelo 2022"
Aberta a convocatoria dos "VIII Galardóns Síntete Covelo", coa finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso Concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, as artes, a ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación do noso entorno e a nosa paisaxe.
14/12/2022
Plan Corresponsables - Servizo de Conciliación
Actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Actividades para nenos e nenas nacidos entre o 2006 e 2019 que realizarán no horario non lectivo e así poder favorecer un tempo libre saudable a través de actividades lúdicas e socioeducativas ao mesmo tempo que as súas familias non estean dispoñibles para elas.

[1400 noticias - Página 68 de 280]   [anteriores] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade