Axenda
08/07/2026
Peche da subministración de auga en Pereiras-Vilanova
Procederase ao peche da subministración de auga en Pereiras-Vilanova desde hoxe, 8 de xullo, ás 21:00 horas, ata que o depósito recupere un nivel suficiente.
Control e sancións
O Concello realizará a lectura dos contadores e aplicará as sancións previstas na Ordenanza Municipal. O incumprimento das restricións poderá supoñer multas de entre 50 e 500 euros, ademais do corte inmediato da subministración de auga, segundo a gravidade da infracción e os danos ocasionados ao resto das persoas usuarias.
06/07/2026
AVISO IMPORTANTE - Uso responsable da auga
Lembramos que está totalmente prohibido:
Regar hortas, viñedos, xardíns ou fincas.
Encher piscinas.
Se a situación persiste, o Concello verase obrigado a realizar cortes no abastecemento de auga para permitir a recuperación dos depósitos.
06/07/2026
Segunda edición de "Filosofía para Veraneantes"
Do 6 ao 10 de xullo, o Auditorio Municipal acollerá a segunda edición deste ciclo integrado no programa "Filosofía para Veraneantes", que este ano estará dedicado a reflexionar sobre o presente e o futuro do rural galego baixo o lema "Pensando o rural".
05/07/2026
05.07.2026 Escape Room Familiar "Estrelas" na Reitoral de Santa Mariña
O Concello de Covelo organiza o vindeiro domingo, 5 de xullo, ás 20:30 horas, na Reitoral de Santa Mariña, o Escape Room Familiar "Estrelas", unha actividade cultural e educativa dirixida a familias e mocidade a partir dos 10 anos.
04/07/2026
Concerto do Ciclo de Música Relixiosa na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera - Covelo
Sábado, 4 de xullo de 2026
20:00 h
Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera
Para máis información e reservas: 658 627 525

[1880 noticias - Página 4 de 376]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade