Axenda
24/11/2016
Solicitude de colaboración para a creación dun arquivo colectivo de fotos históricas do noso municipio
O Concello de Covelo está traballando no proceso de recompilación de fotos históricas representativas de lugares, paisaxes, romarías, festas, actos ou persoeiros senlleiros do noso municipio. Toda a información e como participar, neste enlace.
23/11/2016
Participación pública no diagnóstico DAFO para a elaboración da EDUSI
Atópase en proceso de difusión e participación pública o documento de diagnóstico para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado do Concello de Covelo. Poden participar na súa elaboración seguindo este enlace.
23/11/2016
Fin do prazo de solicitude de axudas a asociacións.
22/11/2016
Fin do prazo de solicitude de axudas a material e transporte escolar.
10/11/2016
Estratexia de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas.
Durante esta semana, os cidadáns están invitados a facer a súa aportación sobre os problemas prioritarios, os retos de futuro, e a incorporar problemas e retos non contemplados, así como propostas de acción para incorporalos no documento que se somete a debate.

[1716 noticias - Página 251 de 344]   [anteriores] [246] [247] [248] [249] [250] [251] [252] [253] [254] [255] [256] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade