30/04/2016VIII Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de MeraO VIII ciclo de música relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera, foi presentado onte no Balneario de Mondariz. O párroco de Barcia de Mera, Rafael Antela, principal impulsor deste ciclo de música clásica, indicou que "aínda que o elemento central é a música relixiosa, trátase tamén de achegar a música clásica a Barcia de Mera, aproveitando a magnifica acústica da igrexa", e gozar así mesmo da imponente contorna arquitectónica, artística e ambiental na que se desenvolve.