29/07/2017Ruta Poza de PiñeiroDificultade media, cunha duración aproximada de 4 horas. Saída dende o Cemiterio de Piñeiro ás 09:00 horas. A ruta transcorrerá ata a Poza ou Pozo de Piñeiro, un lago de montaña, creado artificialmente para administrar a auga procedente da parte alta da Serra do Suído para o regadío das terras agrícolas da Parroquia de Piñeiro, que co paso do tempo converteuse nunha zona húmida de gran interese paisaxístico e natural. Para rematar a visita subiremos ata a Capela de A Guía de Piñeiro para gozar das vistas panorámicas que nos ofrece.