06/08/2017Ruta "Pedra do Lobo"Dificultade media-baixa. Saída dende a praza do Concello ás 10:00 horas e remate as 14:00h. aprox. Principia nas abas de Castro para discorrer paralelo ó río Ponte Piñeiros. No seu percorrido podemos coñecer diversos ecosistemas, coma o bosque de ribeira, as brañas, as matogueiras, os prados e os pequenos bosques. Ademais deste variado patrimonio natural, compre admirar muíños, cruceiros e petróglifos, así como outras manifestacións da relación do ser humano e a natureza.