Axenda
26/04/2025
A Escola de Danza Moderna Metamorfosis de Ponteareas (Oliveira) convídate a unha tarde chea de ritmo, cor e moito talento sábado 26 de abril de 2025.
->16:30 h
-> Pavillón Municipal de Covelo
-> Entrada GRATUÍTA
Prepárate para desfrutar de coreografías incribles, moita enerxía e a arte das bailarinas e bailaríns en escena
26/04/2025
Concerto Inaugural XVII Ciclo de Música Relixiosa en San Martiño de Barcia de Mera - Covelo 2025
Sábado 26.04.2025 ás 20:00 h. Coro e Ensemble Vox-Stellae, Obras de Palestrina.
Reservas +info telf. 658 627 525
26/04/2025
XVII Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera 2025
Un ano máis o Ciclo de Música Relixiosa, con unha programación que se desenvolve durante 7 meses e oito concertos no Conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera, unha sorprendente acústica, nun espacio idílico que lle confire un ambiente máxico aos concertos, e fai que o lugar se consolide como auditorio para a música de cámara na provincia de Pontevedra. Vox Stellae será o encargado de inaugurar o Ciclo o vindeiro 26 de abril.
24/04/2025
Crea a túa COMUNIDADE ENERXÉTICA.
Xoves 24 de abril ás 20:00 h no Auditorio Municipal de Covelo (Travesía de Vigo, 7)
23/04/2025
Plan de Actuacións Preventivas (PAP) e defensa contra os incendios forestais 2025
O concello de Covelo e a Consellería do Medio Rural, estableceron un Convenio para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.

[1746 noticias - Página 21 de 350]   [anteriores] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade