Axenda
27/08/2017
Ruta "Sendeiro das Estrelas"
É o segundo ano que facemos esta ruta, ser os primeiros en gozar da fermosa Fervenza de Parrelos.
Dificultade baixa. Saída dende a Praza do Mestre Cerviño en Covelo ás 09:30 horas para dirixirnos a Igrexa parroquial de San Salvador de Prado onde empeza a ruta, cunha duración aproximada de 3 horas.
26/08/2017
IX Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera
26/08/2017
CONCERTO DE VERÁN
SÁBADO 26 DE AGOSTO ÁS 21:00h ENFRONTE Ó CONCELLO E SE CHOVE NO AUDITORIO MUNICIPAL.
26/08/2017
Ruta do Río Alén e visita ó Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera.
Dificultade Baixa. Ás 09:30 h. saimos dende a Praza do Mestre Cerviño en Covelo cara a Capela de San Xoán de Mosteiro, onde comezará a ruta. A andaina transcorrerá polo marxe fluvial do río Alén (afluente do río Tea) rematando as 14:00 h. na parroquia de Barcia de Mera.
19/08/2017
Ruta do Río Xabriña, visita ó Lagar da Cera e ó Centro de Interpretación da Cera, FAVUM.
Dificultade baixa, cunha duración aproximada de 4 horas. Saída ás 09:30 horas dende o recinto das festas de Paraños, rematando no mesmo lugar sobre as 14:00 horas. Visitaremos o lugar onde traballaban os cereiros. A entrada ó FAVUM é de 1 euro.

[1558 noticias - Página 202 de 312]   [anteriores] [197] [198] [199] [200] [201] [202] [203] [204] [205] [206] [207] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade