Axenda
05/03/2018
Campamentos polideportivos Príncipe Felipe 2018
Celebraranse nos meses de xullo e agosto, para nenos/as nados entre os anos 2004 e 2011. Prazo de solicitude ata o 23 de marzo de 2018.
22/02/2018
Concedida a contratación de 21 traballadores ó amparo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Para o coñecemento de tódolos veciños e veciñas do Concello de Covelo, pola presente infórmase que ó abeiro da €Liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais€ do Plan de Obras e Servizos 2018 (regulado polas bases publicadas no BOPP nº 2 de data 3 de xaneiro de 2018) se procederá á contratación de 21 traballadores ó longo do ano 2018.
21/02/2018
Obradoiro de Poesía Visual
O poeta e dramaturgo David Fernández Rivera impartirá dous obradoiros de poesía visual "Proxecto Caligrama 2000" no CEIP Antonio Blanco Rodríguez os días 21 e 23 de febreiro, para as clases de 5º e 6º de primaria
21/02/2018
Curso de Gaitas e Percusión Galega
O martes 6 de marzo ás 17h., no Centro Sociocultural de Covelo, terá lugar o comenzo deste curso organizado por Mulleres Rurais Fragas do Tea.
21/02/2018
Participación veciñal no II Plan de Formación do Concello de Covelo 2018
No presuposto deste ano contemplase unha partida orzamentaria para a ejecución dun Plan de Formación dirixido ós veciños do Concello preferentemente as persoas desempregadas. Có obxecto de determinar os cursos mais axeitados e a programación no tempo, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as suas propostas tanto nos tipos de cursos que lle gostaría que fosen realizados como no calendario de impartición destes.

[1558 noticias - Página 192 de 312]   [anteriores] [187] [188] [189] [190] [191] [192] [193] [194] [195] [196] [197] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade