29/10/2018Grupo de eliminación de niños de Vespa Velutina.A petición de veciños e apicultores, e coa intención de facer fronte á expansión da especie Vespa Velutina ou Vespa Asiática mediante a eliminación de niños, sexan primarios ou secundarios, o Concello de Covelo colaborará con todas aquelas persoas interesadas en formar un grupo de eliminación desta especie alóctona invasora.