Axenda
22/04/2019
Aviso para os coidadores de persoas dependentes que teñan recoñecido o dereito á libranza para coidados no contorno familiar.
Dende o 1 de abril de 2019 a Administración Xeral do Estado abona a cuota da Seguridade Social correspondente ó convenio especial de coidadores non profesionais.
20/04/2019
Anuncio: O sábado 20 de abril o Punto Limpo permanecerá pechado.
O sábado 20 de abril o Punto Limpo permanecerá pechado por necesidades de mantemento.
15/04/2019
Remate prazo subvencións dirixidas a entidades para as actividades culturais do Ano da Música 2019
09/04/2019
Prestación económica por fillo/a a cargo menor de tres anos 2019
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €.
Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 €.
Prazo de presentación, ata o 28 de maio de 2019.
08/04/2019
Axudas para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, destinadas a particulares 2019.
Presentación solicitude beneficiarios. As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) so se admite a tramitación electrónica.

Inicio solicitude: 15 de abril de 2019.
Fin solicitude: 1 de Xullo de 2019 (incluído), ou ata esgotamento de crédito.

[1610 noticias - Página 173 de 322]   [anteriores] [168] [169] [170] [171] [172] [173] [174] [175] [176] [177] [178] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade