Axenda
26/05/2020
Axudas para contribuir a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros da vivenda habitual.
Concesión de axudas ao alugueiro, mediante a adxudicación directa, ás persoas arrendatarias de vivienda habitual que, como consecuencia do impacto
económico e social do COVID-19, teñan problemas transitorios para atender o
pagamento parcial ou total do alugueiro.
26/05/2020
Calendario definitivo de cobro de tributos do ORAL para o 2020
Normas para a cobranza en periodo voluntario dos tributos e prezos públicos municipais. Calendario de cobro de xuño a decembro de 2020.
19/05/2020
Información local actualizada a 19 de maio de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o oitavo informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo: dende o 12 de Maio ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19. Volta á normalidade nas Oficinas Municipais en tódolos ámbitos a partir do día 25 de maio pero con cita previa, apertura do Punto Limpo tódolos sábados de 9:30 as 13:00 horas con cita previa, nova programación de Rutas de Sendeirismo e Turismo de Estrelas e condicións de inscripcións, así como uso de Piscina e Praias Fluviais.
17/05/2020
Pequena homenaxe dos nenos do CEIP Antonio Blanco Rodriguez a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas 2020
A mocidade do Colexio de Covelo participa na celebración do día da nosa lingua e cultura con dibuxos e textos conmemorativos. Aquí poden ver algúns dos traballos realizados.
14/05/2020
Comunicación do ORAL relativa ao pago de recibos de taxas e precios públicos emitidos antes da declaración do estado de alarma.
Desde o ORAL está a garantirse que os recibos emitidos de taxas e prezos públicos enviados ás persoas
contribuíntes antes do decreto do estado de alarma, podan pagarse sen recargas nos novos prazos estipulados en período voluntario ata que se publique o novo calendario fiscal.

[1660 noticias - Página 163 de 332]   [anteriores] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166] [167] [168] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade