Axenda
26/11/2020
VI Galardóns "Síntete Covelo 2020"
Aberta a convocatoria dos "VI Galardóns Síntete Covelo", coa finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso Concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, as artes, a ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación do noso entorno e a nosa paisaxe.
25/11/2020
Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía e PACES.
Aprobación do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía (PACES).
No Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía os concellos integran os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 de reducir as emisións de CO2 no seu territorio nun 40%, a través das súas políticas municipais. Cada concello redacta un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) no que inclue un Inventario de Emisións de Referencia (IER), unha Avaliación de Riscos e Vulnerabilidades (ERV) ante o cambio climático. Cada dous anos tamén se presentará un Informe de Seguimento do PACES.
25/11/2020
NADAL 2020 - CONFERENCIA VIRTUAL COS REIS MAGOS DE ORIENTE
Tempos difíciles para as celebracións e tamén para as CABALGATAS DOS REIS MAGOS.

Para o concello de Covelo os nenos e nenas do noso pobo son moi importantes, temos o pracer de comunicar que o noso Alcalde Pablo Castillo mantivo varias reunións coas suas Maxestades os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar e conseguiu pechar un fantástico acordo con eles.

Este ano non será posible a causa do Covid-19 que veñan a Covelo como é tradición dende fai moitos anos, pero iso non impediu que teñamos a maneira de poder falar con eles en directo!!!! Siiiiii en directo!!!!!

Se queredes que os vosos pequechos e pequechas teñan unha videoconferencia persoal cos 3 Reis Magos, seguide todos os pasos que che indicamos no cartel e a través da plataforma www.nadal2020.es e fai que este Nadal sexa moi especial.

Inscricións do 25 de novembro ao 29 de decembro.

Recorda indicar na plataforma a tua provincia (PONTEVEDRA) e o teu concello (Covelo)
23/11/2020
Obradoiro de Empreo Mondariz - Covelo: "Medrando entre todos e todas".
As persoas interesadas do Concello de Covelo deberanse apuntar con URXENCIA na Oficina de emprego de A Cañiza para o Obradoiro de Emprego e nos módulos indicados. Número total de alumnos: 20 persoas maiores de 18 anos. Duración: 9 meses. Data estimada de inicio: finais de decembro de 2020. Data estimada de remate: finais de setembro de 2011.

18/11/2020
Convocatoria de Elección de Xuíz de Paz Substituto do Xulgado de Paz de Covelo.
O Boletín Oficial da Provincia número 223, de 18 de novembro de 2020, publica Edicto deste Concello, de convocatoria de Elección de Xuíz de Paz Substituto do Xulgado de Paz de Covelo.
Segundo dito Edicto, as persoas interesadas en participar no proceso de elección deberán presentar no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación do referido Edicto no BOP, a correspondente solicitude.

[1687 noticias - Página 153 de 338]   [anteriores] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade