Axenda
05/05/2020
Información local actualizada a 5 de maio de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o sexto informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo: dende o 28 de Abril ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19. As boas noticias de hoxe son que unicamente son 5 as persoas afectadas. Ponse en coñecemento da veciñanza a creación de Axudas Extraoridinarias do Concello de Covelo a persoas e familias por falta de ingresos.
04/05/2020
Axudas extraordinarias do Concello de Covelo a persoas e familias por falla de ingresos
Faise un chamamento a todas aquelas persoas que estean pasando por unha situación de falla de ingresos, ou saiban de casos de necesidade debido á falta de ingresos provocado pola imposibilidade de traballar, que se poñan en contacto telefonicamente cos Servizos Socias do Concello de Covelo para concertar cita co fin de coñecer o estado de necesidade e establecer as medidas de axuda económica directa ou indirecta así como a entrega de alimentos, produtos básicos ou medicinas necesarias.
29/04/2020
Obrigación da xestión da biomasa e ampliación do prazo.
As persoas que se despracen para a realización de actividades de xestión da biomasa deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda as leiras en que van levar a cabo as ditas actividades, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral; ademais, deberán levar consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas necesarios para desenvolver as actividades de xestión da biomasa ou, de non levalos consigo, incluír na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou lugar determinado. O prazo de realización das devanditas actividades se estenderá ata o 16 de xullo de 2020 inclusive.
29/04/2020
Ampliación das distancias permitidas para atender cultivos e viñedos en Galicia.
No caso dos desprazamentos para atender cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, sen fins comerciais, tendo presente a dispersión xeográfica existente en Galicia, permítese o desprazamento sempre que se realice dentro do mesmo termo municipal ou, de realizarse a outro termo municipal, non supoña unha distancia superior a 5 km da súa vivenda habitual e así o declare responsablemente a persoa que realiza esas actividades agrarias non profesionais.
28/04/2020
Información local actualizada a 28 de abril de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o quinto informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo así como dos posibles casos pendentes de confirmar. Dende o 21 de Abril ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19. O posible novo caso na parroquia de Maceira, do que informamos anteriormente, deu NEGATIVO nas probas PCR realizadas. As boas noticias de hoxe tamén son que despois das tres altas da semana pasada e do caso negativo de Maceira, unicamente son 5 as persoas afectadas. Informase de axudas de emerxencia a persoas e familias por falta de ingresos, da continuación do reparto gratuito de mascarillas a persoas empadroadas e da implantación do servizo gratuíto de préstamo de libros a domicilio na Biblioteca Municipal de Covelo.

[1558 noticias - Página 144 de 312]   [anteriores] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade